jueves, 14 de enero de 2010

As Redes Sociais

ANÁLISE DUNHA REDE SOCIAL


Existen numerosas redes sociais nas que podes falar cos teus compañeiros ou con xente que empezas a coñecer, son útiles de certo modo porque se tes algo que comunicarlle a todos os teus amigos non tes porque chamalos un por un, este e un exemplo das súas vantaxes.
Eu persoalmente emprego tuenti,é unha rede interesante na que podes colgar as túas fotos e facer unha serie de cousas.
Desde o meu punto de vista e un modo de entretenimento no que te comunicas coas persoas, pero hai que ter sempre en conta as fotos que estás subindo e tamén quen sale nelas.
O meu tuenti ten unha serie de fotos pero as que soamente poden acceder os meus amigos, é decir as persoas que eu acepto, aínda que son consciente de que este modo de seguridade nadie me garantiza que se vaia a cumplir o cen por cento.
Eu persoalmente non emprego esa páxina con frecuencia nin ningunha outra rede social, unicamente fago uso de elas cando non teño nada mellor en que empregar o tempo, ou como modo de entreterme.