jueves, 5 de noviembre de 2009

Baile de salón

Baile de salón :

Os bailes de salón (inglés: Ballroom dance) son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada e seguindo o ritmo da música. Na súa orixe eran moi populares e a súa repercusión social foi de tal magnitude que deu lugar a creación de salas específicas, que compostas por unha orquestra e un pavimento axeitado facilitaron a súa práctica.
Na actualidade practícanse tamén como modalidade deportiva en competicións organizadas e regulamentadas polas correspondentes federacións nacionais e internacionais.

Tanto na súa versión social como na de competición e deportiva os movementos e interaccións da parella axústanse a patróns previamente establecidos que, asociados coa música caracterizan os distintos bailes.
Esto motiva que a súa práctica requira dun aprendizaxe previo que antigamente se transmitía de pais a fillos e na actualidade pode ser adquirido en academias de danza.

Entre os máis coñecidos e ordenados alfabeticamente figuran:


• Bolero
• Bachata
• Conga
• Cumbia
• Cha-cha-chá
• Chotis
• Danzón
• Fox-Trot
• Hustle
• Mambo
• Merengue
• Milonga
• Pasodobre
• Pericón
• Polka
• Rock and roll
• Salsa cubana
• Salsa en líña
• Sevillana
• ska
• Son cubano
• Swing
• Tango arxentino
• Vals inglés
• Vals vienés

DE COMPETICIÓN:

Hai dúas modalidades : Latinos e Estándar. Nos latinos o baile é máis solto e marchoso,
No estándar o baile libre faise máis pegado e cunha forma compacta e estirada.




Latinos:

• No primeiro lugar a samba
• No segundo lugar o chachacha
• No terceiro lugar a rumba bolero
• No cuarto lugar o pasodobre español
• E por último o jive ou rock and roll





Estándar:

• Quickstep
• Fox lento
• Tango
• Vals inglés
• Vals vienés



Bibliografía:
1. Bailemos tango (Copes, Juan C.)
2. Bailes de salón (Saez, Daniel)
3. Bailes de salón (Muñoz, Jose Ignacio)
4. Curso de baile sin maestro (Zendri, L. y Gelmeti, C.)
5. Manual de Baile de Salón (Laird, Walter)
6. Paso a Paso (Bailes de Salón) (Almagro, Mª Dolores)
7. Tango, El (Barreiro, Javier)